premios María Moliner 2008

Coincidindo coa celebración do ‘Día das Bibliotecas’ o día 24 de outubro foron fallados en Madrid os premios ‘María Moliner’ de animación á lectura, na súa decimoprimeira edición. Estes premios que recoñecen os mellores proxectos de animación á lectura desenvolvidos polas bibliotecas de poboacións de menos de 50.000 habitantes de toda España, recaeron nas bibliotecas de: biblioteca de Ortigueira (A Coruña) na categoría de animación á lectura; Igualada (Barcelona), na categoría de labor bibliotecaria, e finalmente ao concello de La Oliva (Las Palmas) na modalidade de integración social. Tiveron mención especial varias bibliotecas galegas amigas: Oleiros, Cambre e Sada (A Coruña) e a biblioteca do Porriño (Pontevedra).

Esta biblioteca foi novamente seleccionada para recibir un dos 350 premios que entregan cada ano o Ministerio de Cultura en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias e a Fundación Coca-Cola España

.

Pódese consultar a lista oficial de bibliotecas premiadas en anos anteriores e a lista dos premiados deste ano. Quero agradecer a todos os asistentes ás actividades organizadas a súa participación e colaboración, posto que sen eles non tería sido posible concorrer a este premio. Asimesmo animar a quen aínda non o fixera, a participar e colaborar nas actividades que se organizan.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s