Certame de Poesía Infantil

Chegan novamente as datas de Nadal, e con elas as actividades que se adoitan facer nestas datas, ademais dos obradoiros de manualidades que se anunciarán en decembro, anúnciase xa o

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2008”

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2008” (Fase local), de acordo coas seguintes

BASES:

1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 19 de decembro de 2008, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL.
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público antes do 12 de xaneiro do 2009.

O fallo do xurado provincial farase público antes do 31 de xaneiro do 2009.
Cos traballos seleccionados na fase provincial editarase unha publicación. Os traballos publicados en anteriores edicións pódense consultar na biblioteca. As portadas pódense ver na wiki da biblioteca.

Advertisements

One thought on “Certame de Poesía Infantil

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s