somos referente para outras bibliotecas (2)

A biblioteca agradece a quen a pon como exemplo de bibliotecas que fan cousas con poucos recursos e boa vontade, de quen consegue darlle visibilidade a unha biblioteca fóra do lugar onde se atopa aproveitando as posibilidades que brinda internet tamén para un lugar que conta cunha poboación de apenas 5.000 habitantes.

E como é de ben nacidos ser ben agradecidos, aquí queda o agradecemento a Catuxa Seoane (creadora do blog deakialli entre outros varios), á que teño atopado nalgunha conferencia sobre novas tecnoloxías e bibliotecas, falando deste blog e sacándome a vea tímida ó dicir en voz alta que quen o facía estaba na sala. Este blog tén moito que lle agradecer, pois sen ela non existiría. Ela menciónanos nas páxinas 28 e 33 dunha conferencia que presentou ó IX Coloquio Internacional de Tecnologias Aplicadas a los Servicios de Información, celebrado en outubro do 2008 en Venezuela. Que se di pronto, pero alén dos mares falouse desta biblioteca, e falouse ben.

Agradecer tamén ós seguintes blogs: bibliotecas municipais, biblioteca de Corcubión que nos enlazan.

Se atopades máis referencias noutras páxinas á biblioteca, compartídeas nos comentarios.

Advertisements

2 thoughts on “somos referente para outras bibliotecas (2)

  1. Para min é un pracer poder dicir por ahi adiante, coa boca ben grande: na miña terra temos algúns dos mellores exemplos de bibliotecas, sen recursos e con pouco diñeiro e persoal, de que querendo se pode e que isto da biblioteca 2.0 é posibel tan só coa boa vontade de quenes estan ao pé do cañón traballando día a día.

    A miña admiración para a Biblioteca do Saviñao e para a súa responsable!

    Gústame

  2. É para min unha honra o recoñecemento que me fas, porque está feito por unha profesional do teu calibre no campo das bibliotecas 2.0. Podes seguir sacándome coloretes nas túas charlas e conferencias mentras non me pidas que suba ó estrado a saudar.
    Espero poder verte pronto nalgunha xornada, congreso ou similar, sempre disposta a aprender de ti.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s