2010, Ano do Libro e da Lectura (2)

https://i2.wp.com/www.lacoctelera.com/myfiles/bpmsavinao/bibsav.JPG

Máis concursos e premios para os usuarios da biblioteca, sobre todo se son usuarios do seu catálogo en liña, pois ademais de estar informados das últimas incorporacións da biblioteca, poderán recibir un dos

Premios ós mellores comentarios do catálogo

Cada mes premiaranse os dous mellores comentarios (un de infantil e outro de adultos) feitos pol@s soci@s da biblioteca sobre os libros do catálogo da mesma. Ó final do ano, premiaranse os tres mellores comentarios do ano, independentemente da categoría á que pertenzan.

Valorarase que axuden a outras persoas a decidirse ou non por ese libro. Para poder entregar os premios, é importante non facer os comentarios anónimos (o ideal é identificarse co nome ou as iniciais e o número de soci@ e indicar a idade).

BASES XERAIS:

  • A finalidade deste concurso é facilitar a outras persoas interesadas por un libro a decisión de se lles interesa ou non lelo, se hai libros relacionados con este que lles poidan interesar, se se parece demasiado a outro que xa leron, etc.
  • Estableceranse dúas categorías: unha infantil (ata 14 anos) e outra de adultos (a partir dos 15 anos).
  • Os comentarios valoraraos a bibliotecaria ou persoa en quen delegue, e as súas decisións serán inapelables.
  • Os comentarios seleccionados serán publicados no blog e/ou na wiki da biblioteca amais da páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia (á que pertence a biblioteca).
  • Terase en a adecuación do comentario ó libro comentado. Non será válido por exemplo un comentario deixado nun libro cando se refire a outro. Valoraranse as referencias a outros libros da mesma temática facendo comparacións útiles e prácticas entre eles, por exemplo adecuación do relato de ambientación histórica coa historia en Bajo el sol de Kenia; comparación en canto á temática entre o Diario de Ana Frank e El niño con el pijama de rayas de John Boyne; comparación de El señor de las moscas ou Trece badaladas coas respectivas películas,… [NOTA: estes exemplos non serán considerados válidos para o concurso]
  • Os premios consistirán en material relacionado coa lectura e os libros.

Se non coñeces o teu número de socio, pásate pola biblioteca para averigualo.

Na ficha dun libro e ademais de ler os comentarios doutras persoas, podes deixar a túa opinión. Como? Moi sinxelo:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s