Día da Poesía

O 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Poesía.

Qué é poesía?, ante esta pregunta, a todos se nos vén á mente o famoso poema de Bécquer que remata “poesía eres tú”.

Aínda que as poesías máis populares e máis coñecidas son as de amor ou as letras de cancións, hai moitos tipos de poesía e de poemas, as adiviñas infantís, o haiku (breve composición poética xaponesa), as sátiras, … e os caligramas, que unen 2 tipos de arte: a letra e a imaxe. As temáticas son tamén do máis diverso, desde as intimistas ás de protesta social, pasando polas de defensa da natureza. Hainas tamén educativas, e burlescas, en fin, de todo o que coñezamos podemos atopar ou escribir uns versos. Quen non lembra por exemplo ese velero bergantín que surcaba o mar con cien cañones por banda de Espronceda? Ou esa preciosa oda á arpa de su dueño tal vez olvidada?

Unha pequena representación poética para conmemorar esta data, podemos vela a continuación.

Adiviñas que é?:
Yo no quiero que os canséis
y por eso recomiendo
que el acertijo miréis
para suprimirle un perro
y su número obtendréis.

Haikus:
Pájaro muerto
¡qué agonía de plumas
en el silencio!

(Juan José Domenchina)

si en el crepúsculo
el sol era memoria
ya no me acuerdo

(Mario Benedetti)

Caligramas:

Na biblioteca atoparedes ademais dunha ampla colección de poesía, a exposición: “poesía a caldeiros“, na que poderedes coller libros de poesía ó chou para ler un pouco de poesía. Ademais, entregaremos “poemas-sorpresa” con cada empréstito que se faga durante esta semana. E quen se sinta con inspiración suficiente para celebrar esta data, poderá ver a súa obra exposta na biblioteca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s