Abril, venres con libros

O mes de abril conmemora dúas datas moi sinaladas no mundo da literatura: o día 2 o nacemento de Hans Christian Andersen, famoso polo seu amplísimo repertorio de contos infantís, e o 23 foi escollido pola coincidencia do falecemento de 3 grandes escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega o mesmo día do ano 1616

Nas bibliotecas do concello prevese a realización de varias actividades:

1) Días do libro:

  • Día do Libro Infantil e Xuvenil: a celebración do día 2 trasladouse ó 12 coa actividade Cincenta rima con pementa nas 2 bibliotecas, estas actividades terán lugar nas Bibliotecas con estudantes dos centros educativos do concello.
  • Día do Libro e dos Dereitos de Autor: para celebrar o día 23 de abril, haberá lectura en voz alta de fragmentos do Quixote, por parte de usuarios da biblioteca, ó longo do día.

2) venres con libros: 9, 16 e 30 de abril
Consisten en lecturas ó aire libre. Son actividades interxeracionais fóra da Biblioteca ó redor das 5.30 da tarde, cunha duración aprox. de 30 a 45 minutos, e en función da mala meteoroloxía, trasladaranse a lugares cubertos próximos (baixo da biblioteca, baixo da balconada da biblioteca, praza cuberta). Nas actividades ninguén tén que ler para os demais se non quere. Lugares de encontro cos libros ó aire libre:

  • 9 de abril Libros na fonte: Actividade na praza Maior ó redor da fonte, sentados no chan ou nos bancos.
  • 16 de abril Libros no patio: Actividade no patio da biblioteca ou na praza de España.
  • 30 de abril Libros na Debesa: Actividade nun bosque de carballos que é emblemático da vila.

Presentaranse libros relacionados coa auga, con outras culturas ou coa natureza, e haberá lectura compartida dalgún deles, obradoiros de xogos tradicionais para facer no chan (mariola, comba, rá… aproveitando as instalacións municipais de xogos tradicionais dispoñibles).
Prevese clausurar as actividades de abril o día 30 cunha chocolatada con pastiñas se o día é fresco, ou cuns aperitivos e refrescos se vai calor. Se chove, trasladarase á praza cuberta.

Ademais o día 12 reanúdanse os obradoiros de informática, despois do parón da Semana Santa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s