O primeiro libro electrónico (escollo electrónico porque era máis que mecánico pois podía incorporar luz e son) foi inventado en Galicia por unha muller, unha mestra ferrolá que se chamaba Ángela Ruiz Robles. E é que a maioría dos inventos xurden para darlles solución ás preocupacións dos seus creadores, e a de Doña Angelita era ensinarlles ós seus alumnos de xeito máis atractivo. Doña Angelita patentou o seu invento en 1949. Esta nova foi publicada en La Voz de Galicia o 16 de abril, unha semana antes do Día do Libro.
Que máis inventos galegos coñecedes? Quedades convidados a comentalos aquí para facer unha relación dos mellores inventos galegos, os que nunca foron difundidos porque ninguén creu neles, ou porque grandes empresas os vían como “demasiada competencia” (exemplo: os vehículos ecolóxicos).
Los gallegos siempre fuimos muy listos, y nos las ingeniamos para ahorrarnos trabajo: la primera calculadora (con sus 22 kilos, no era de bolsillo) la inventó un gallego. Puede verse un artículo en: http://hispanismo.org/gallicense-regnum/6206-un-gallego-invento-l…
GústameGústame
O futbolín tamén é un invento galego. E dos máis populares e coñecidos. Creo que é o primeiro que se lle ven a un á cabeza cando se fala de inventos galegos. O nome de quen o inventou xa é outra historia… Faleceu non hai tanto:
http://www.20minutos.es/noticia/201499/0/futbolin/muere/inventor/…
GústameGústame
Pingback: o libro electrónico foi inventado en Galicia | Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Pingback: Libro de actividades sobre Ángela Ruiz. – Palabra de Biblioteca