inventos galegos

O primeiro libro electrónico (escollo electrónico porque era máis que mecánico pois podía incorporar luz e son) foi inventado en Galicia por unha muller, unha mestra ferrolá que se chamaba Ángela Ruiz Robles. E é que a maioría dos inventos xurden para darlles solución ás preocupacións dos seus creadores, e a de Doña Angelita era ensinarlles ós seus alumnos de xeito máis atractivo. Doña Angelita patentou o seu invento en 1949. Esta nova foi publicada en La Voz de Galicia o 16 de abril, unha semana antes do Día do Libro.

g16p64f1 g16p64f2

Que máis inventos galegos coñecedes? Quedades convidados a comentalos aquí para facer unha relación dos mellores inventos galegos, os que nunca foron difundidos porque ninguén creu neles, ou porque grandes empresas os vían como “demasiada competencia” (exemplo: os vehículos ecolóxicos).

4 thoughts on “inventos galegos

  1. Pingback: o libro electrónico foi inventado en Galicia | Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

  2. Pingback: Libro de actividades sobre Ángela Ruiz. – Palabra de Biblioteca

Deixar un comentario