Día do libro 2010 na biblioteca

Hoxe festéxase o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor.A razón da escolla desta data pola UNESCO no ano 1996, débese a que o día 23 de abril de 1616 morreron Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega, ademais de conmemorarse os aniversarios do nacemento ou da morte de toda unha serie de escritores eminentes como Maurice Druon, H. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.

É o día ideal para celebrar o Día Internacional do Libro por parte de editoriais, librarías, bibliotecas, escolas, centros culturais, etc. que teñen relación cos libros promovendo actividades ó redor do mesmo.

Bibliotecas, colexios, etc. fan actividades especiais como ler o Manifesto da UNESCO e a declaración da directora da UNESCO polo Día do Libro, visitan as bibliotecas do entorno, etc., as librarías fan descontos, …

A biblioteca Municipal do Saviñao celebra esta data coa proxección durante todo o día de Don Quijote, exposición de obras de Cervantes e Shakespeare, e lectura voluntaria por parte dos usuarios de fragmentos das obras destes autores, e obsequiando ós usuarios de hoxe cun libro.

En Cataluña fan unha celebración especial desta data: regalando libros e flores.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s