obradoiros de creación literaria

Despois do éxito creativo e participativo das actividades tanto de ilustración como de narración, é de supoñer que se presentarán moitos traballos para o Certame de Narración e Debuxo Infantil do Día das Letras Galegas 2010. O prazo de recollida permanecerá aberto ata o martes 11 pola tarde.

Ante o interese suscitado pola actividade e a activa participación dos rapaces, publicamos aquí os enlaces ós textos que crearon durante o desenvolvemento do obradoiro de creación literaria desenvolvido por A Xanela do Maxín.

En Escairón foi unha historia de coballas fantásicas. Como non lles deu tempo de rematala, decidiron que continuarían traballando con ela na clase ou na casa para rematala e escoller título. pulsa aquí para ler e poder continuar a historia

En Currelos elaboraron unha historia de reinos máxicos e de seres fantásticos. pulsa aquí para ler e continuar a historia

O pé deste post, podedes comentar a actividade, dicir como continuariades vós a historia, ou como a rematastes.

Podedes traer debuxos sobre as personaxes e a historia, para facer un auténtico conto en papel, que se poida incluír no fondo da biblioteca para que outros rapaces o poidan levar para a súa casa para ler.

Advertisements

2 thoughts on “obradoiros de creación literaria

  1. Despois de ler as historias que saíron do obradoiro, queda claro que hai unha prometedora canteira de escritores no concello.
    Anímovos a seguir escribindo aplicando as técnicas e trucos que vos ensinaron no obradoiro.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s