Conto dos vermiños Famento e Furioso

Conto dos vermiños Famento e Furioso

Narrador: Bos días, nenos. ÍImosvos contar un conto para aprender o que significa a palabra COMPARTIR.
É a historia do vermiño FAMENTO e do vermiño FURIOSO.

Famento: Ola, nenos. Son o vermiño Famento. Chámome así porque sempre teño fame, e agora mesmo estou moi triste porque non atopo nada para comer.

Narrador: O verme Famento xírase e atopa unha mazá preciosa, pero na que vive un verme.

Famento: Unha mazá! Voulle dar un bocado, ÑAM!

Furioso: Eh! Que fas?

Famento: Estaba comendo desa mazá que tén tan boa pinta.

Furioso: Esta mazá é miña e non che deixo comer! Así que vaite.

Narrador: E o Vermiño Famento marcha todo triste e con moita fame.

Famento: Está ben, xa marcho.

Narrador: E o Vermiño Famento foise moi triste porque non atopaba nada para comer, pero de pronto viu outra mazá. Esta mazá tiña unha preciosa cor verde.

Famento: Oh! Unha preciosa mazá verde! Esta vai ser toda para min! Voulle dar un bocado, ÑAM!
Puaj! Sabe fatal.

Narrador: A mazá estaba verde e sabía moi mal, así que o vermiño Famento pensou nunha solución, e lembrou a marabillosa palabra COMPARTIR, así que decidiu visitar ó vermiño Furioso.

Famento: Vermiño Furioso! Vermiño Furioso! Estás aí?

Narrador: O vermiño Furioso sae da mazá e sorpréndese de ver alí outra vez ó vermiño Famento.

Furioso: Ti outra vez! Que queres agora?

Famento: Veño facerche unha proposta. Coñeces a palabra COMPARTIR?

Furioso: Non, que significa?

Famento: Pois COMPARTIR é cando hai algo que che gusta moito, moito e lle das un pouquiño a alguén. Por exemplo, a túa mazá poderiamola comer os dous, poderiamos COM – PAR – TI – LA, e así podemos facernos moi amigos, ir a xogar xuntos, facer equilibrios polas ramas das árbores, ir navegar nunha folla pola charca,…

Furioso: Ai non! Iso non, que me da medo porque non sei.

Famento: Pois eu podo ensinarche porque a min dáseme moi ben.

Furioso: Está ben, COMPARTAMOS a mazá.

Narrador: E así é como comparten a mazá.

Famento: Que rica está!

Furioso: A verdade é que COMPARTIDA, a mazá sabe mellor.

Narrador: E dende entón, os vermiños Famento e Furioso foron moi amigos e compartiron mil aventuras pola charca, pero iso xa é outra historia.

FIN

Podedes descargar aquí unha mazá e dous vermes para colorear, recortar e representar o conto cos vosos amigos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s