Certame de Poesía Infantil “Nadal 2010”

Xa está convocado o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2010” (Fase local).

AVISO:

O obradoiro de poesía suspéndese ata o 2011 por enfermidade do autor. Avisarase da nova data de celebración.

Ademais terá lugar un Obradoiro de iniciación á poesía o día 17 ás 19.00 h. na sala infantil da biblioteca para rapaces de 7 a 12 anos preferentemente. Terá lugar da man do poeta Xoán Neira López, autor de libros como Farrapos de Nube, Xiz de cor e No cubil da Lúa. Coma sempre, recoméndase anotarse para ter materiais suficientes para todos.

As bases do Certame de Poesía son as seguintes:

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2010”

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2010” (Fase local), de acordo coas seguintes

BASES:

1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor (sobre todo o número de teléfono de contacto).
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 21 de decembro de 2010, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS (tanto en Escairón coma en Currelos).
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2010.

A data de entrega de premios e diplomas ós participantes darase a coñecer na biblioteca.

Cos traballos seleccionados na fase provincial editarase unha publicación. Os traballos publicados en anteriores edicións pódense consultar na biblioteca. As portadas pódense ver na wiki da biblioteca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s