proposta para o día do pai

Velaquí unhas sinxelas instrucións para facer na casa a tarxeta que lle presentaremos ó papá para felicitalo polo Día do Pai que se celebra este sábado 19.

Faremos unha tarxeta moi sinxela, para a cal precisaremos:
– 1 cartolina branca (ou dúas de cores distintas),
– tesoiras
– pegamento
– cores (se a cartulina é branca).

A forma de facer a tarxeta é a que segue (se non consegues debuxar o modelo, podes imprimilo premendo en [imprimir modelo] que está debaixo do debuxo:

  • Debuxamos dous rectángulos xuntos en vertical, rematados en triángulo:

[imprimir modelo]

  • Engadimos detalles coma botóns, peto e pano (pódense debuxar ou recortar e pegar):

[imprimir modelo]

  • Debuxamos unha garavata, recortámola e pegámola sobre o modelo anterior:

[imprimir modelo]

  • Dobramos os triángulos cara abaixo para facer o colo da camisa e obteremos o seguinte resultado:

  • Se as cartolinas eran brancas, procederemos a darlle cor a todo o conxunto. O resultado final pódese parecer ó seguinte:

  • Finalmente escribimos pola parte traseira a nosa felicitación.

Tamén podemos usar  papel de regalo para pegar na cartolina e darlle outro “toque” á camisa.

Podedes facer unha foto da vosa tarxeta e mandala á biblioteca, publicarémola aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s