Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

O día 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se adica á figura de Lois Pereiro.

A Biblioteca Municipal do Saviñao celébrao con varias actividades:

  • Arestas do lampo, recital comentado de textos de Lois Pereiro, na voz de compañeiros e compañeiras poetas da xeración dos 80 (sentimental_ISMO Vangarda Artística das Letras), á que el pertenceu. Será o o día 16 ás 6 da tarde no Auditorio Municipal.
  • exposición das obras do autor dispoñibles na biblioteca (do 10 ó 20 de maio)
  • suplemento especial Letras Galegas 2011 do boletín de suxestións de lectura do 2º trimestre (ata esgotar exemplares)
  • actividades e pasatempos para grandes e pequenos (ata esgotar exemplares)

Ademais, amplíase o prazo para entregar os traballos para o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas ata o mércores 11.

Aproximándonos á obra de Lois Pereiro

Lois Pereiro foi escritor e poeta. Nacido en Monforte de Lemos en 1958, morreu na Coruña o 24 de maio de 1996 a causa do envelenamento por aceite de colza desnaturalizado, o mesmo día no que se coñecía a sentenza.

Ós 17 anos foi a Madrid (para continuar os seus estudos). Alí fundou con Antón Patiño, Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, a revista Loia. De novo en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban escritores coma Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel ou Manuel Rivas.

Como mostra doa crueza e nudez da súa poesía, sirva este célebre párrafo dun dos seus poemas, epitafio gravado en pedra na súa tumba en Santa Cristina de Viso:

Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse,
enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.

Obra:

  • poemarios en vida: Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995)
  • a súa obra apareceu en varias antoloxías como De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborou activamente na revista Luzes de Galiza, na que se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do Paraíso
  • trala súa morte, Poemas para unha loia (1996), que recolle obras da súa etapa madrileña, publicadas en Loia, e que inclúe o ensaio ‘Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia

Actividades da biblioteca para conmemorar esta data:

  • reparto do Suplemento Día das Letras Galegas 2011 Aproximándonos á obra de Lois Pereiro (do 2º número do boletín da biblioteca) nas dúas bibliotecas do Concello.
  • charla Arestas do lampo da Vangarda Artística das Letras, o día 16 de maio ás 18.00 no Auditorio Municipal.

Corporal (je t’aim…) de Lois Pereiro

Da boca a furia, os dentes:
as armas da paixón
que a pel intacta exploran e profanan

Carne de luxo
amor
tóxico inxecta

Callado o frío na man e na ferida
formiguea insurxente
e cicatriza
entre os peitos posibles
doutro trunfo

Pois cada tres segundos
dúas pálpebras lubrican
os seus ollos hostiles que non cren.

poema 1981/1991 (Edicións Positivas, Santiago de Compostela 1992)

Máis información nos seguintes enlaces:

http://loispereiro.blogaliza.org

http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/lois-pereiro_2011

Fillo predilecto de Monforte, nova en: La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s