internet, novas tecnoloxías e libros

El Libro Total é un novidoso proxecto creado en Colombia, que rescata os grandes clásicos da literatura (libres de dereitos de autor) constituindo unha das bibliotecas dixitais gratuitas máis grandes de América Latina. Permite incluso “regalar” por correo electrónico estas lecturas. Presenta unha navegación bastante sinxela e intuitiva, e facilita en todo momento ver como se chegou á obra que se está a ver. Ademais presenta en cada nivel unha relación de obras relacionadas con ese título ou autor que resulta moi práctica.

Podemos atopar moitísimas obras interesantes, lecturas para encher moitas horas. Entre elas, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (España Total-Autores-Rosalía de Castro; ou España Total-Títulos-Título), ou as cartas de Cristóbal Colón ós Reis de Castela na que creu a súa Viaxe ás Indias (España Total-Autores-Cristóbal Colón). Que curiosidades nos podedes recomendar?

Noutro tipo de lectura, podemos ver neste vídeo cara a onde vai camiñar (ou está xa camiñando) a edición de libros en formato electrónico para o futuro:

http://video.ted.com/assets/player/swf/EmbedPlayer.swf

Trátase dun libro interactivo para iPad en versión integral, contén gráficos, mapas e fotos interactivos e numerosos vídeos coplementando o texto para ofrecer unha visión máis ampla do contido. Titúlase “Our Choice” (A nosa elección), e está escrito por Al Gore como secuela de Unha verdade incómoda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s