certames literarios

A Asociación de Escritores Noveles organiza:

VI Premio Luis Adaro de Relato Corto

Cada autor poderá presentar un único traballo orixinal e de temática libre cunha extensión mínima de 3 páxinas e máxima de 8 por unha cara, en formato DIN A-4, con interlineado de 1,5 e tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

Establécese un único premio por un importe de 1.500€ máis una cuota anual gratuita de socio da Asociación de Escritores Noveles.

O prazo para a recepción de relatos finalizará o 1 de maio de 2012.

O fallo farse público na segunda quincena de Setembro.

As bases poden consultarse aquí.

I Premio de Poesía BAL Hotel

Tema libre e extensión de 100 a 250 versos. Valorarase positivamente que os traballos teñan unidade e non sexan unha mera agrupación de poemas.

Establécese un primeiro premio de 500 € en metálico e publicación do poemario (o patrocinador entregará 25 exemplares para o autor e o resto distribuiraos como considere oportuno) e máis un accésit consistente nunha estancia de dúas noites no hotel (2 persoas) en réxime de media pensión, que incluirá 2 circuitos termais e 2 tratamentos a determinar polo establecimento hoteleiro.

O prazo para a recepción de poemarios finalizará o 1 de juño de 2012.

O fallo farse público en Setembro e a entrega do premio será en Novembro.

As bases poden descargarse aquí.

[Texto resumido do blog da Asociación de Escritores Noveles]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s