celebración do mes dos libros

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, para conmemorar o Día do Libro infantil e Xuvenil, o día 2 de abril, e o Día do Libro, o día 23 de abril tén preparadas varias actividades.

Empezando polo Día do Libro Infantil, no que se conmemorao nacemento de de Hans Christian Andersen, autor dos contos do Parruliño feo, A Sereíña, ou O soldadiño de chumbo entre outras moitísimas historias.

as seguintes actividades:

30 de marzo:

  • Currelos, ás 11:15 co colexio, obradoiro de títeres de calcetín con Baobab Teatro. Importante traer calcetíns vellos para o obradoiro (pódense deixar na biblioteca días antes). Esta actividade ofrécese dentro do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo cal se cofinancian actividades de animación á lectura entre os Concellos e a Consellería.
  • Escairón, ás 17:00 sesión de Contacontos de Marionetas e obradoiro de títeres de calcetín con Baobab Teatro. Importante traer calcetíns vellos para o obradoiro (pódense deixar na biblioteca días antes). Esta actividade ofrécese dentro do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo cal se cofinancian actividades de animación á lectura entre os Concellos e a Consellería.

2 de abril:

  • bookcrossing en Escairón: ó redor do mediodía e a media tarde liberaranse libros infantís pola vila, para que quen os atope os poida ler e deixar en liberdade para outro cazador de libros. Para liberar algún libro, pódese pedir asesoramento e pegatinas na biblioteca. Esta actividade faise en coordinación con GALIX e a OEPLI. Das máis de 50 bibliotecas e librarías galegas que celebran esta data, 32 realizarán un bookrossing. En Lugo, participamos xunto coas bibliotecas municipais de Lourenzá, Sober e Xermade e a Nodal de Lugo.
  • Inauguración do punto fixo de bookcrossing da biblioteca.
  • Exposición das obras de Hans Christian Andersen dispoñibles na biblioteca.

9 de abril (horas sen confirmar):

23 de abril:

  • bookcrossing en Escairón: ó longo de todo o día liberaranse libros pola vila, para que quen os atope os poida ler e deixar en liberdade para outro cazador de libros. Para liberar algún libro, pódese pedir asesoramento e pegatinas na biblioteca.

Contesta se queres consultar unha guía sobre o bookcrossing ou non:

SI . . . . NON

Máis información sobre o bookcrossing na web oficial www.bookcrossing.com.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s