venres de contacontos de marionetas

Lembrade que mañá, último venres de mes, temos contacontos. Iniciamos así as actividades para celebrar o mes dos libros: abril, no que se celebran o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día do Libro (23 de abril).

Serán Contos de Marionetas os que nos esperarán ás 5 da tarde na biblioteca de Escairón, a continuación do cal teremos un obradoiro de títeres de calcetín con Baobab Teatro (que estarán pola mañá en Currelos na biblioteca ás 11.30). Esta actividade ofrécese dentro do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo cal se cofinancian actividades de animación á lectura entre os Concellos e a Consellería.

Celebramos así, ademais, o Día do Teatro, que foi este 27 de marzo.

Unha recomendacióntrae un calcetín vello que romperas ou che quede xa un pouco pequeno, será o que mellor encaixe na túa man ó facer a marioneta !!! Se queres, podes deixalo na biblioteca desde hoxe.

Mantédevos informados das actividades a desenvolver nos vindeiros días a través do blog!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s