achegándonos ó día do libro

Xa falta menos para o Día do Libro, e ímolo celebrar ó grande. As bibliotecas de Sober e do Saviñao iniciamos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil un bookcrossing polos nosos concellos, que imos continuar para celebrar o Día do Libro o vindeiro día 23.

Estas son algunhas das actividades que terán lugar nos vindeiros días:
  • venres 20 obradoiro de papiroflexia, con Loli. Os obradoiros de papiroflexia comezaron o venres pasado e terán lugar tódolos venres ás 6 da tarde ata o verán. Aviso: Non se celebrarán o último venres de mes, porque que haberá contacontos.
  • luns 23, Día do do Libro: proxección da película de debuxos animados do Quixote durante toda a tarde, e durante toda a semana do 23 ó 27 continuará o bookcrossing que se iniciou polo Día do Libro Infantil (o 2 de abril) polas vilas de Escairón e Currelos (liberaranse libros en distintos lugares públicos de Escairón e Currelos, como prazas, debesas, parques infantís, parques biosaudables,…) e ademais cambiaranse os libros do Punto Oficial de Bookcrossing da Biblioteca de Escairón. Tódalas persoas interesadas en facer bookcrossing e liberar os seus propios libros poden dirixirse á biblioteca de Escairón e pedir pegatinas para etiquetar os seus libros e axuda para rexistralos na web de bookcrossing. Onde ademais poden consultar todos os libros liberados pola biblioteca
  • venres 27 contacontos seguido de obradoiro coma tódolos venres de contacontos, será ás 5 da tarde.
En maio celebrarase o Día das Letras Galegas (17 de maio) con varias actividades, a 1ª delas está xa en marcha: o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2012 sobre o tema “É mentira“, que convoca anualmente a Biblioteca Nodal de Lugo para tódalas bibliotecas da provincia, e do que o prazo remata o vindeiro 9 de maio. Poderán presentarse os traballos en calquera das bibliotecas municipais, e as bases poden consultarse no post anterior.

De momento, imos facendo boca cun vídeo sobre a lectura:

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=31603360&force_embed=1&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=1&color=00adef&fullscreen=1&autoplay=0&loop=0

Despois, podedes empezar o venres 20 a buscar libros por Sober, e continuar durante toda a semana seguinte no Saviñao.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s