obradoiro de moscas

Despois da sesión de contacontos na que vimos e escoitamos o conto Onde viven os monstros, de Maurice Sendak, escoitamos e ruximos con El león que no sabía escribir de Martin Baltscheit e rimos co conto A cousa que máis doe no mundo de Paco Liván, tivemos un obradoiro de elaboración de moscas.

A técnica sérvenos tamén para facer outro insectos voadores (abellas, libélulas, mosquitos, …) ou non voadores (cempés, arañas, …).

Materiais:

  • cartón aproximadamente de tamaño postal
  • tesoiras
  • témperas
  • pincel
  • papel de seda
  • papel de cores (ou branco, tamén se pode colorear)
  • pegamento
  • limpiapipas
  • agulla e fío

Procedemento:

1.- Debuxamos no cartón unha liña de un centímetro ou menos nun dos laterais máis longos, e un círculo cun ovo debaixo e recortamos deixando unidos o círculo e o ovo.

[cortamos pola liña negra]

2.- Coloreamos o corpo da mosca polas dúas caras (se o cartón xa é de cor, podemos saltar este paso) e deixamos secar.

3.- Mentras tanto, con papel de seda cortamos un rectángulo e dobramos pola metade, rompendo cos dedos un U imaxinario como se pode ver na imaxe:

4.- Estiramos as ás e reforzámolas pegándolles o nervio que cortamos ó principio co corpo:

5.- Pegamos as ás no lombo e cortamos 3 trozos de limpiapipas para poñelos por debaixo dobrados facendo de patas da mosca. Se non temos limpiapipas, pódenos servir cartón, lá ou calquera cordón. Debemos recordar cantas patas tén o insecto que estamos a facer.

6.- Finalmente cortamos un trozo alargado de papel de cor ou dámoslle nós a cor que queiramos e enrolámolo nun lápis ou no pincel para que quede encaracolado e pegámolo onde está a boca.

Xa temos a nosa mosca rematada!

A mosca nai do noso conto comía o pastel de ca… ca… cacao non era, non vaiades pensar!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s