os animais en vacacións

Chegan as vacacións, e todos os anos escoitamos falar do abandono de mascotas. Tamén do maltrato aos animais. As mascotas son unha responsabilidade que non se pode descoidar nas vacacións, e fai que ás veces sexa difícil ir de vacacións a onde se quere (porque non se admiten mascotas) ou incluso non se poida ir (porque non se atopa a ninguén que se ocupe da nosa mascota).

Presentámosvos un conto sobre un circo e que se titula “Niños al rescate” que fala sobre o maltrato aos animais.

Na biblioteca podes atopar unha amplísima lista de libros sobre animais. Pásate e pregunta onde atopalos.

[Pulsando aquí, poderás ver algúns dos títulos]

Es deses aos que non lle gustan as historias que len? Este verán presentámosce a solución:

Escribe as túas!  Seguro que che gustarán!

Tanto se che gustan as historias que les coma se non, podes empezar a escribir os teus propios relatos na biblioteca, pois durante este verán podes atopar diverso material de axuda. Despois de varios intentos, poderás comparar as túas primeiras historias coas últimas e comprobar o moito que melloraches. Podes consultar esta guía para escribilos. Tamén podes vela na biblioteca porque temos copias para que as utilices, ademais doutros materiais que che poden servir de orientación para comezar a escribir.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s