proxecto “ratón de biblioteca”

Chegado o verán aumenta o número de abandonos de mascotas, e faise necesario aumentar o número de adopcións, por iso a biblioteca se apunta á adopción dun rato de biblioteca, procedente do proxecto “Ratón de biblioteca“, polo que en pouco tempo contaremos cun ratiño ou ratiña (ou serán xemelgos?) máis na nosa biblioteca.

Necesitamos axuda para escollerlle un nome. O venres, despois da sesión de contacontos das 5 da tarde, escollemos 2 nomes para a nosa nova mascota, á que lle poremos o que mellor lle acaia ou o que máis lle guste.

Estas son as propostas que eliximos (entre parénteses os votos recibidos):

  • ratiño:Anxo (1), Anselmo (4), Honorato (4), Xerardo (7), Rodolfo (11).
  • ratiña: Alexandra (5), Carola (6), Rosa (7), Lucía (8), Xaquina (9), Tareixa (11).

Tan pronto nos concedan a adopción saberemos se é Rodolfo ou Tareixa… Estamos á espera.

E para os que aínda non coñezades ós ratos que xa viven na biblioteca, estes son:

Leovixildo de Trinke é o primeiro rato que veu vivir á nosa biblioteca. Naceu en Toledo, por iso a súa familia lle escolleu o nome dun importante rei visigodo asentado en Toledo. A compañía Trinke Trinke, despois de facer unha sesión de contos de ratos, faloulle a Leo da nosa biblioteca e el decidiu vir vivir entre os nosos libros. Encántalle ler na cama, por iso seguro que sempre o viches na súa cama cun libro entre as mans (xeralmente é O pito cairo, que le cada vez que acaba de ler outro libro, e como le case un libro cada día está case sempre con el nas mans). Tamén lle gusta contar contos, se algún día te animas a preguntarlle, seguro que che conta algún dos que leu, e tamén che pode suxerir algún para que leves para a casa.

Sahaheseokio Viña (chamámoslle Sa Viña para abreviar), é curmá do rato Frederick, de Leo Lionni, do que vos falamos nun post anterior. A súa, era unha familia moi viaxeira e xa non lembran o seu lugar de orixe pois viviron en moitísimos sitios antes de chegar á Ribeira Sacra, e asentarse nunha viña, desas que polo Saviñao abundan (de aí tomaron o seu apelido). Sempre lle gustou moito ler, así que ó medrar e rematar os seus estudos, decidiu viaxar para coñecer algúns dos lugares que coñecera a través dos libros e tamén eses dos que lle falaban seus pais cando era pequena. Despois de viaxar por case todo o mundo, regresou á casa, e na súa viaxe de volta, coñeceu a nosa biblioteca. Como está cerca da súa familia, decidiu vivir aquí porque lle gustan moito os libros e pode visitar ós seus pais e irmáns con frecuencia.

Fermín González chámase así porque seus pais vivían en Pamplona cando el naceu. Como o sitio lles gustaba, decidiron poñerlle o nome do patrón de Navarra. Cando era mozo, veu de visita o seu curmán, o rato Speedy González, e como eran dous ratos moi atléticos e veloces, son dos poucos que se atreveron e correron nos sanfermíns (famosísima festa desa vila navarra). Curiosamente acabou na nosa biblioteca porque coñeceu a Savinia (que na súa viaxe polo mundo pasou por Pamplona), e ela lle falou da súa terra. Como lle pareceu un lugar fermoso, decidiu coñecelo e de casualidade atopou de novo a Savinia, que lle dixo que vivía nun lugar marabilloso, e no que había moito sitio para viviren máis ratos, sempre que axudaran a manter a biblioteca ordeada. É un gran cantante de xotas, pero só se está con amigos porque, sorprendentemente, é bastante tímido.

Sa Viña anímao a cantar, pero aínda lle falta confianza para facelo ben se está tamén presente Leo. Pouco a pouco os tres vanse facendo máis amigos. Os tres están super-emocionados con que veña un ratiño novo para a biblioteca, e están desexando ensinarlle a xogar ó parchís para xogar por equipos. Haberá que ver se á nosa nova mascota lle gusta xogar a xogos de mesa.

Incluimos unha breve selección de historias de ratos, unha para cada día da semana:

Lembrade que tedes na biblioteca máis contos de ratos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s