sexting (I)

Sexting é un anglicismo formado pola contracción de dúas palabras: sex e texting (sexo e mensaxes de texto), que se está difundindo amplamente nos últimos tempos. Pero,

Que é?

Hai diferentes definicións de sexting, pero basicamente consiste no envío de contidos de tipo sexual (principalmente fotografías e/ou vídeos de semidesnudos ou desnudos) producidos xeralmente polo propio remitente, a outras persoas por medio de teléfonos móbiles ou a outros usuarios en redes sociais.

Consello nº 1: Non o produzas

Se sacas unha fotografía erótica e lla envías a alguén mediante un móbil ou Internet, lembra que perdes inmediatamente o control sobre onde podrá acabar algún día.

E se lla sacas a alguén, debes asegurarte de ter o su permiso e das implicacións que podería ter perdela ou que cha rouben.

Non esquezas que ter permiso para sacar unha foto a alguén para uso privado ¡non significa que teñas permiso para difundirla!

O que publicas online ou sae do teu propio móbil convírtese en irrecuperable, escapa para sempre do teu control e pode chegar a calquera en calquera momento. O que agora queres mostrar de ti, mañá pode que non che guste. A quen llo envías hoxe, pode que mañá non sexa o teu amigo. Ademais cada vez hai máis webs que se adican a recopilar e difundir estas imaxes: o teu desnudo podería acabar nunha delas.

Podes consultar todos os vídeos que recomendamos sobre informática e seguridade en internet no canal Youtube da Biblioteca do Saviñao.

Máis información na web www.sexting.es.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s