sexting (II)

Que é?

O sexting consiste no envío de contidos de tipo sexual (principalmente fotografías e/ou vídeos) producidos xeralmente polo propio remitente, a outras persoas por medio de teléfonos móbiles.

Consello nº 2: Non o transmitas

Se che chega unha foto ou vídeo de algún/ha conocido/a, non colabores na súa expansión pois podría ter consecuencias graves tanto para el/ela coma para ti.

Non esquezas o consello da semana pasada: pode ter consecuencias tanto para ti coma para os destinatarios.

Non participes coa túa acción, risa ou omisión. Cando o sexting deriva en humillación e acoso colectivo, a vítima sufre un dano enorme, un sufrimento extremo. Se o promoves e o animas, eres responsable. Se calas, o teu silencio axuda a quen acosa e fire á vítima.

Os casos de sexting máis nocivos son aqueles que se convirten nunha cuestión de dominio público. A imaxe roubada ou entregada nunha pasada relación xa rota, comeza a circular, estténdese … incluso pode chegar a saltar a Internet.

Á vista disto, a vítima pasa a sentir unha gran desprotección e vulneración da súa intimidade e privacidade. Se, ademais, recibe burlas, comentarios lesivos ou otro tipo de agresións sicolóxicas, o sufrimiento pode ser insostible. Hai moitos exemplos, desde Jessie Logan a Amanda Todd (que inaugurou esta sección).

Podes consultar todos os vídeos que recomendamos sobre informática e seguridade en internet no canal Youtube da Biblioteca do Saviñao.

Máis información na web www.sexting.es.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s