actividades de nadal

Como recomendación de lectura agora que se achega o Nadal,

Trece noites, trece lúas, Libro das marabillas do Nadal Mitos, ritos, lendas e tradicións do Nadal en Galicia e no mundo de arredor, indícanos no seu título que entre e noite de Nadal e a de Reis pasan xusto 13 noites, trece lúas. Lévanos da man desde os inicios desta tradición cristiá na que se incorporan mitos pagáns, que hoxe en día non se entenden fóra desta celebración.

A editorial preséntanos o libro así: Síganos, se lle prace, nesta viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mítico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, día do seu bautismo, outra forma de nacemento. Entremedias practicamos ritos, reunímonos para festexar, cantar, bailar e comer, tentamos a sorte, repoñemos enerxía e bos propósitos, e seguimos, ou cremos seguir fielmente tradicións que ao mellor non son tan «tradicionais» como cremos… No gran teatro das festas que se van sucedendo polo ano adiante, a escena que representamos colectivamente nos días de Nadal constitúe o clímax, a esencia e o resume de todas elas pois sendo, como é, un final, reverdece en cada un de nós unha ilusión e unha esperanza polo que se anuncia que vai comezar.

obradoiros

Como preparación do Nadal, desenvolveranse na biblioteca obradoiros de regalos e decoración de Nadal tanto para adultos como infantís.

Os obradoiros de adultos terán lugar os mércores ás 12:00 ou ás 18.00 (en función das preferencias dos anotados), e os obradoiros infantís os venres ás 17.00.

É imprescindible anotarse para poder ter materiais para todos os participantes nos obradoiros. Farase un único grupo de 8 a 15 persoas máximo para cada obradoiro. A inscrición pode facerse por correo electrónico ó seguinte correo: osavinao@rbgalicia.org.

concursos

Ademais de continuar aberto o prazo para a entrega de traballos para o Certame de Poesía Infantil de Nadal 2012, con poemas en galego sobre o Nadal, que se entregarán na biblioteca antes do día 20 de decembro, no Concello organízase un concurso de Postais de Nadal, con prazo de entrega ata o día 5 de decembro.

As bases destes dous certames poden consultarse nesta páxina da wiki.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s