máis bólas de nadal

Hoxe contámosvos como elaborar unhas bolas decorativas con papel. Serven para decorar a árbore de Nadal, pero tamén festas de aniversario, bodas, etc.

Poden elaborarse con papel de xornal, de revista, de seda, etc. É recomendable que o papel non sexa moi groso porque é máis difícil de recortar todo xunto.

Elaboración:

1-2.- poñemos varias capas de papel, debuxamos un círculo

3-4.- recortamos con coidado para que todas as capas de papel queden iguais, dobramos pola metade para marcar o centro e grapamos coincidindo con esa marca para que non se separen os papeis.

5-6.- imos pegando de unha en unha cada capa do seguinte xeito: unha capa leva 1 punto de cola no centro, a seguinte dous (un a cada lado nin moi lonxe do extremo nin moi cerca do centro),

7-8.- a seguinte de novo só 1 punto e a seguinte 2, así sucesivamente ata que só quede unir o principio co final.

O final pode deixarse sen pegar e unirse cun clip para facilitar o gardado da bóla rematadas as festas.

Podemos poñerlle un cordón dourado ou prateado apra colgala na árbore.

Esta mesma técnica serve para facer outros obxectos simétricos e circulares: campás, árbores, etc. Sen grapar no centro, poden facerse cadeas para decorar, sempre alternando os puntos onde se pón o punto de cola para que se abra en acordeón..

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s