día da muller

Celebraremos o Día da Muller, cunha serie de consellos do sitio webadictos, aínda que son recomendacións non exclusivas para mulleres. Estes consellos promóveos unha coñecida marca de software de protección.

Ás mulleres gústalles a tecnoloxía porque lles permite facer certas cousas con máis facilidade. Polo tanto, están máis presentes nas redes sociais. Tamén envían máis mensaxes de texto desde os seus smartphones e realizan actividades online con máis frecuencia que os homes.

Nas redes sociais, por exemplo, as mulleres teñen máis coidado que os homes na protección da súa privacidade. Dúas de cada tres mulleres (67%) limitan as súas comunicacións en Facebook e sitios similares ás mensaxes privadas, namentras que o fan menos da metade dos usuarios homes (48%) fan o mesmo. Pero os homes non son necesariamente o sexo “inseguro”. Eles, por exemplo, cambian os seus contrasinais máis seguido que as mulleres (48% frente ó 42%). Os homes dedican máis tempo que as mulleres á lectura de noticias tecnolóxicas, e normalmente están mellor informados sobre as ameazas á seguridade. Nembargantes, os homes son, con máis frecuencia que as mulleres, receptores de correos electrónicos con estafas (42% frente ó 34%). Posiblemente isto tamén se deba ó feito de que as mulleres exhiben máis cautela ó utilizar internet e tende a preocuparlles máis o ser víctimas dun ataque (45% frente ó 41%).

É de gran importancia mellorar o nivel de protección no momento de navegar, e con motivo do Día Internacional da Muller, Kaspersky Lab tén cinco consellos de seguridade para axudalas:

  • Manteña a seguridade en Facebook e sitios similares: os mil millóns de usuarios activos de Facebook encóntranse no lugar e o momento adecuado para los cibercriminais. Por iso, os programas de malware se distribúen cada vez máis a través das redes sociais, así como a través do método tradicional do correo electrónico. Ós usuarios envíanselles mensaxes falsas ou aplicacións manipuladas que conteñen enlaces a sitios web infectados. Polo tanto, vostede debería protexer o seu PC e os seus dispositivos cun software de seguridade.
  • Limite a súa información persoal: as redes sociais son a forma perfecta de manterse en contacto con amigos de todo o mundo, e estes sitios dependen dos contidos activos que xeran os usuarios. Nembargantes, debe actuar con cautela. Non espere que Facebook e sitios similares lle brinden garantías á hora de protexer a súa privacidade. Todo contido publicado nun sitio de rede social poderá, en moitos casos, ser distribuido máis alá do sitio, a pesar de que vostede modificara a configuración de seguridade. Polo tanto, limite no posible a súa información persoal.
  • Coidado coas ofertas: Se vostede desexa comprar vaqueiros de marca, zapatos ou unha viaxe fóra da cidade, sempre atopará grandes oportunidades en liña. Lamentablemente, os cibercriminais tamén as aproveitan para intentar estafar ás cazadoras de ofertas. Polo tanto, sexa especialmente coidadosa cando vexa artigos de primeira liña a prezos incribles. Estas ofertas proceden de cibercriminais que intentan atraela cara a sitios web infectados, ou de estafadores tradicionais que non lle enviarán o produto despois de recibir o pago.
  • Utilice os contrasinais adecuadamente: os contrasinais brindaranlle protección efectiva só se posúen a debida complexidade e son de coñecemento exclusivo da propietaria da computadora correspondente, a titular da conta de Facebook ou do correo electrónico. Polo tanto, non debe revelar o seu contrasinal a ninguén, nen sequera á súa parella. Importante: non utilice o mesmo contrasinal para distintos servizos, e cambie os seus contrasinais periodicamente.
  • Dispositivos móbiles seguros: Aínda que o crecemento dos dispositivos fai que acceder a internet sexa coma un xogo de nenos, os teléfonos intelixentes e as tabletas tamén corren riscos. Polo tanto, é importante que instale unha protección básica en tódolos dispositivos con conexión a internet. As usuarias que posúan unha computadora, un portátil, unha tableta e un teléfono intelixente, por exemplo, poden utilizar Kaspersky ONE Universal Security para brindarlle unha protección óptima a tódolos seus dispositivos, cunha única licenza.

Lembrades o vídeo do post falta de privacidade en internet? Parécese a algo do que se comenta nestes consellos?

A vindeira semana continuaremos coa netiqueta en redes sociais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s