netiqueta en redes sociais (ii)

Netiqueta Joven para Redes Sociales: ciudadanía digital y ciberconvivenciaPedimos desculpas por non ter actualizado o blog o venres cos consellos de seguridade, pero aquí vai a continuación de Netiqueta Xove para Redes Sociais: cidadanía dixital e ciberconvivencia. Despois de ver a pasada semana o apartado Mostra consideración e respecto cara aos demais, pasamos ó seguinte bloque de consideracións:

Coida a privacidade das demais persoas:

7) Pregúntate que información doutras persoas expós e asegúrate de que non lles importa.
En ocasións comentamos aspectos da nosa vida con outras persoas ou da vida dos demais sen ter en conta como lles pode afectar que eso se saiba. Respecta a privacidade dos demais como che gustaría que respectasen a túa.
8) Para etiquetar a outras persoas debes facelo sen engaño e asegurarte de que non lles molesta que o fagas.
Cando etiquetas a alguén estás aportando moita información que ademais, en moitos casos, se propaga de forma inesperada e incómoda.
9) Non puedes publicar fotos ou vídeos nas que saian outras persoas sen ter o seu permiso, como norma xeral.
A imaxe (fotografía, vídeo…) de cada quen é un dato persoal e o dereito a decidir como se utiliza perténcelle a esa persoa en exclusiva.
10) Antes de publicar unha información que che remitiron de maneira privada, pregunta se o podes facer.
Nas redes sociais, a información circula con demasiada velocidade dun lado a outro e o que é privado pódese convertir nun segredo a berros.

E para o próximo artigo:

Contribúe ó bo ambiente na Rede

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s