netiqueta en redes sociais (iii)

Netiqueta Joven para Redes Sociales: ciudadanía digital y ciberconvivencia

[EDITAR ANTERIORES PARA INCLUIR ENLACES A ESTE ARTIGO]

Despois de falar de Mostrar consideración e respecto cara aos demais e de Coidar a privacidade das demais persoas, nesta última entrada de Netiqueta Xove para Redes Sociais: cidadanía dixital e ciberconvivencia, falamos de

Contribúe ó bo ambiente na Rede:

11) Facilita aos demais o respecto da túa privacidade e intimidade. Comunica aos teus contactos, en especial  ós novos, como queres manexalas.
Deixa claro o teu criterio para que o poidan respectar dicíndolles que cousas non admites como, por exemplo, que reutilicen fotos que poidan ver nos teus álbumes privados, que te etiqueten sen permiso ou que expoñan datos acerca de ti en páxinas á vista doutros.
12) Lembra que escribir todo en maiúsculas pode interpretarse coma un berro.
Trátase dun acordo, dunha norma non escrita que moitas persoas utilizan. Tela en conta non supón esforzo e axuda a entenderse ben en calquera circunstancia.
13) Usa os recursos ó teu alcance (debuxos, símbolos, emoticonas…) para expresarte mellor e evitar malentendidos.
O estado de ánimo, as diferenzas culturais ou sociais, as experiencias previas… poden dificultar a comunicación entre dúas persoas, máis aínda se nin están cara a cara. Comprender e utilizar símbolos de apoio axudarache a esquivar problemas por malas interpretacións.
14) Ante algo que te moleste, trata de reaccionar de maneira calmada e non violenta.
Nunca actúes de maneira inmediata nin agresiva. Ás veces as cousas non son como parecen. Pode que simplemente busquen a provocación ou o engaño e se se reacciona mal terán conseguido o seu objectivo. Pode tratarse tamén de erros ou accións non intencionadas.
15) Diríxete aos demais con respecto, sobre todo á vista de terceiros.
Se alguén comete algún erro, imprudencia ou te molesta, sé amable ó indicarllo, e, se é posible, faino en privado.
16) Le e respecta as normas de uso da Rede Social.
Non todas as redes sociais (Tuenti, Facebook, Hi5, Bebo, Orkut, Fotolog…) teñen as mesmas regras. Nembargantes, sempre son as regras de xogo de obrigado cumprimiento para todos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s