é seguro o meu contrasinal?

Que é un contrasinal?

Un contrasinal é a única barreira que hai entre os nosos datos en internet e calquera que queira acceder a eles.É coma unha chave, que che permite entrar na casa, se a perdes ou cha rouban, alguén podería entrar nela. Por iso é importante usar contrasinais diferentes para cada conta de usuario que se manexe e ademais, asegurarse de que cumpren uns requisitos mínimos de seguridade.

Utilizar contrasinais diferentes para acceder a cada conta

Deste xeito, se alguén descobre o teu contrasinal, podería acceder a tódolos servizos que utilices: correo electrónico, redes sociais, banca electrónica, foros, chats, etc.

Dixemos que é coma unha chave. Igual ca se usaras unha soa chave para o coche, para a casa, para o teu diario secreto,…, se a perdes ou cha rouban, quen o fixera podería acceder a todos eses sitios e ver, coller, romper, todo o que teñas neles e que son importantes para ti.

Utilizar contrasinais seguros

Igual de importante que utilizar contrasinais diferentes, éo a utilización de contrasinais seguros. Non abonda con usar contrasinais diferentes para acceder ós diferentes servizos, se son, por exemplo, o teu nome de usuario ou a túa data ou lugar de nacemento, o nome da túa mascota, ou simplemente una secuencia de caracteres simples (asdf, 123321) e/ou palabras do dicionario (princesa, ordenador, casa).

É importante usar contrasinais complexos porque existen programas que tratan de acceder ós sistemas de información ou aplicacións web probando automaticamente miles de contrasinais por segundo, e canto máis sinxelos sexan os teus contrasinais, máis probabilidades de que chas descubran.

Modificar os contrasinais periodicamente

Unha maneira de protexer as túas contas dos diferentes sitios de internet ós que accedes con nome de usuario e contrasinal é modificar os contrasinais de todos eles periodicamente. Cantos máis sitios con contrasinais, máis difícil é lembrar os contrasinais. Para iso están tamén as preguntas de seguridade que che axudan a recuperar o acceso a un sitio se esqueces o contrasinal. Pero o dito para os contrasinais serve tamén para as preguntas de seguridade: debes poñer datos que outros non poidan descubrir coñecéndote un pouco (por exemplo: como se chama o meu irmán, como se chama o meu can,…).

Xestores de contrasinais

Pero unha vez que sabes que debes ter contrasinais seguros e que deben cumprir uns requisitos mínimos de seguridade, pregúntaste como xestionar de forma segura tódolos contrasinais sen necesidade de ter que memorizarlos todos. Isto resólvesse cos xestores de contrasinais, que son programas que se utilizan para almacenalos. Permítenche recordar tódolos contrasinais e nomes de usuario que necesites para acceder a unha conta ou páxina de Internet. A información almacénase cifrada e só podes acceder a ela a través dunha clave.

Información máis ampliada neste enlace.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s