contas de usuario (I)

Que son e para que serven as contas de usuario, esas que ó encender o ordenador che piden que escollas unha e digas un contrasinal? Pensas que son un incordio? Que non serven para nada?

Poida que cho pareza, pero ó acabar de ler este artigo probablemente cambiaras de opinión.

Se compartes el ordenador con distintos usuarios (habitualmente ou non) podes evitar problemas creando  distintas contas de usuario.

Ter distintas contas de usuario nun ordenador ofréceche:

  • maior privacidade: ó separar la información que almacena cada usuario na súa conta, impide a outros usuarios acceder á documentación allea e privada.

  • mellora a seguridade: pódese limitar o desastre que faga un virus que infecte o noso ordenador no caso de que o faga un usuario na súa conta de usuario (que non sexa a de Administrador).

  • permite a personalización: pódese configurar ó gusto do usuario o entorno do usuario (tamaño de fontes, de iconas, fondo de pantalla, os favoritos no navegador web,…).

Ademais permiten:

  • dispor de diferentes tipos de conta, en función do uso que se faga del ordenador: administrador, limitada, invitado
  • xestionar os permisos de cada usuario para:
    • descargar programas no ordenador
    • instalar/desinstalar aplicacións
    • crear, editar ou eliminar documentos
    • controlar o acceso a carpetas ou documentos
    • acceder a Internet

Amplía a información na web da Oficina de Seguridade del Internauta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s