tanabata

Hoxe imos falar dunha lenda xaponesa que tén lugar por estas datas, e sobre a que trataremos durante a sesión de origami deste venres:

Tanabata (七夕 |Tanabata|) ou Festividade das estrelas deriva da tradición china Qi xi (七夕 “A noite dos setes”).
A festa celebra o encontro entre Orihime (Vega) e Hikoboshi (Altair) que viven separados por un río de estrelas que conforman A Vía láctea. Estes amantes só se poden ver unha vez ó ano: o séptimo día do séptimo mes lunar do calendario lunisolar.

O festival orixinouse cunha celebración de purificación na que se ofrecía a deus unha peza de tela chamada tanabata para que protexera os campos e propiciara unha boa colleita. Este costume foise mesturando con outras festas coma o Bon Odori (盆踊り)na que se adoita pedir mellores habilidades, escribindo desexos en follas de papel cunha tinta elaborada expresamente para este fin recollendo o orvallo.

Adoitan escribirse os desexos en trozos de papel que se colgan das ramas de árbores de bambú esperando que non chova para que se cumplan. Por iso temos unha gran rama de bambú na que os usuarios da biblioteca poderán colgar os seus desexos.

Posto que as estrelas só saen de noite, adoita celebrarse pola noite.

A lenda que inspira esta celebración di que Orihime (a Princesa Texedora), filla de Tentei (Rei Celestial) texía fermosas teas para o seu pai a carón do río Amanogawa (a Vía Láctea), pero traballaba tanto que a entristecía non ter tempo para atopar de quen namorarse. Ó vela tan triste, o seu pai acordou un encontro cun pastor que vivía ó outro lado do río, Hikoboshi, e finalmente consentiu en que casaran.

A parella era tan feliz, que descoidaron as súas tarefas, e o Rei Celestial enfurecido separounos convertíndoos en estrelas (Vega e Altair), condeadas a estar separados para sempre polo río Amanogawa. Pero Orihime suplicóulle tanto ó seu pai para que lle permitira ver outra vez ó seu marido, que este consentiu que se viran unha última vez o sétimo día do sétimo mes coa condición de que tiveran rematadas as súas tarefas.

Ó dirixirse a ver ó seu marido, atopouse con que non había ponte para cruzar o río, polo que se puxo a chorar, de xeito que unha banda de pegas lle fixeron, coas súas ás, unha ponte para cruzar.  Ademais prometéronlles que volverían cada ano para axudalos a encontrarse sempre e cando non chovera, caso no cal terían que esperar ata o seguinte ano para verense pois a cantidade de auga que leva o río ó chover impide que as pegas constrúan a ponte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s