contacontos “ler conta moito”

O venres volveremos ter sesión de origami ás 12 da mañá.

O programa Ler conta moito, co que se cofinancian as actividades entre a Consellería de Cultura e os Concellos, tén operativo desde xuño un blog no que publicamos as actividades ofrecidas dentro dese programa.

A nosa última entrada nese blog é a de xuño, e ata setembro non volveremos publicar:

Contos para todos na BPM do Saviñao: Día 28 de xuño de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón

cartel_contos para todos

Manuel Solla, de Expresión Produccións, cos seus Contos para todos pertencente ó programa Ler conta moito. Despois de atopar a súa maleta máxica perdida, foi sacando dela un feixe de personaxes impresionantes, o que máis sorprendeu ó público foi o seu “Libro Máxico” da Princesa de labios de fresa do que ían xurdindo personaxes que non esperabamos e que cada vez nos sorprendían máis: unha malvada bruxa, unha ra, un dragón, e por fin un príncipe.

A súa perezosa mascota Pelusa axudoulle na súa actuación, que consistiu nun espectáculo de títeres, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo.

Quedamos para volver xogar coas personaxes dos Contos vivos que nos traia Manuel en setembro.

Gustounos xogar e tocar a Pelusa, a mascota axudante de contacontos e experta buscadora de maletas.

Rematamos así as sesións de contacontos de último venres de mes ás 5 da tarde, pois ó longo do verán os contacontos terán lugar ás 12 do mediodía e a partir de setembro cambiarán de día.

As anteriores son:

O Duende Dada na BPM do Saviñao: Día 31 de maio de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón
A Gran Lilí Gruyére na BPM do Saviñao: Día 26 de abril de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s