vemos kimonos

Durante varias sesións de origami, estivemos familiarizándonos cos elementos que forman parte do traxe tradicional xaponés, vimos varios kimonos e kisekai, obis, obitas, etc. e algunhas voluntarias prestáronse para vestirse con eles.

Durante a primeira sesión do verán, asistentes á biblioteca e os participantes na Aula de verán escoitaron con atención a explicación da tradición de tanabata, e viron como lle daban os últimos toques ó proceso de poñer un traxe tradicional. O que máis lles gustou foi escoitar a lenda da princesa Orihime, filla do Rei Celestial Tentei, que casou con Hikoboshi e a historia da súa triste separación por culpa de descoidaren as súas obrigas por querer estar sempre xuntos. Separación eterna polo río Amanogawa (a Vía Láctea), que só se ve interrompida unha vez ó ano se teñen rematadas as súas obrigas e se ademais non chove como prometeron as pegas á Orihime e Hikoboshi por seren agradecidos. Tamén desfrutaron moito escribindo os seus desexos en papeis de cores que colgamos nunha ramiña de bambú.

Este venres teremos a última sesión de origami do mes de xullo, pois o seguinte venres teremos sesión e contacontos bilingüe xaponés-español.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s