No verán queremos levar connosco o noso ordenador para poder seguir conectados a internet, coa nosa información a man,… Debido ó seu tamaño e ser por elo facilmente transportable, favorece que poida levar máis golpes do recomendable, polo que debemos velar pola súa integridade física que pode supoñer non só a perda do aparello senon da información nel contida.
Debido tamén ó seu tamaño e á súa transportabilidade, é moi susceptible de ser roubado, polo que non debemos descoidarnos da súa vixilancia. Co seu roubo, xa vimos que alguén pode acceder á nosa información, chegar incluso a suplantar a nosa identidade, etc. [Lembremos os artigos sobre contrasinais seguros, codificadores e copias de seguridade]. Se almacenas os contrasinais no ordenador, faino cun xestor de contrasinais.
Uns consellos básicos pero prácticos:
- Gardar o portátil ou tableta nun maletín ou bolso axeitado para que ningún golpe o dane. Canto máis discreto sexa e menos revele o seu contido, máis seguro estará.
- Lévao sempre contigo e non o deixes sen vixiancia.
- Se tés que deixalo, usa un cable de seguridade para suxeitalo a un obxecto o suficientemente grande para dificultar o seu roubo (como en habitacións de hoteis ou pensións, nunha cafetería,…
- Se o deixas no coche, ocúltao.
- Sempre que deixes de usalo lembra desactivar todas as conexións que poidan indicar que hai un ordenador cerca, coma o bluetooth ou a WIFI.
- En hoteis e pensións, se os deixas na habitación, gárdao nun lugar seguro fóra da vista e usa un cable de seguridade.
- Se o fabricante do teu portátil che permite rexistralo na súa web, facilítase a localización do propietario en caso de que sexa roubado e recuperado.