cincuenta sombras de…

Hoxe imos falar de cincuenta sombras

As cincuenta sombras poden ser de moitos tipos.

Cincuenta sombras de…

  • ollos,
  • ramas das árbores da nosa Debesa,
  • elementos arquitectónicos das nosas obras románicas,

Pero hoxe vai de Libros.

Alguén adiviña xa de que sombras falamos?

Antes de deixar responder, aviso dunha cousa: a pregunta tén trampa!

E o certo é que non se trata das 3 Cincuenta sombras que case todo o mundo tén en mente, senon dunha soa… e diferente…

En fin,si que falamos dun libro, que si ten unha garavata na cuberta sobre fondo escuro. Pero poderíase pedir que se buscaran as 50 diferenzas nas sombras: a garavata non é gris senon rosa, o nó non está pulcro senon frouxo, brila pola limpeza (ou máis ben pola súa ausencia a cargo dun gran lamparón), …

Vén presentada como “La cara más divertida de la trilogía más caliente del año“, e certamente é para rir ata chorar coa risa nalgún momento. “Si después de leer la trilogía de E. L. James de una sentada, te has preguntado quién es el hombre que ronca a tu lado, este es el libro perfecto para encontrar la respuesta.

Trátase das

__________Cincuenta sombras de …

.

..

.

______________________________Gregorio!

E xa chegaron á túa biblioteca.

As Cincuenta sombras de Gregorio (no orixinal italiano Cinquanta sbavature di Gigio) de Rosella Calabrò. Pouco máis de 120 páxinas que van comparando o soño ideal que representa o señor Grey coa realidade que soña ó noso lado, o chamado Gregorio (sen señor nin nada). Sarcasmo, ironía, humor, grandes doses de realidade e algunha que outra esaxeración forman parte desta obra da Editorial Planeta.

Pódese incluso dicir que está garantizado que calquera persoa pode rir con este libro, ou recoñecer algunha das situacións descritas, pois recolle innumerables situacións que a calquera lle poden resultar familiares por un ou outro motivo. Que máis se pode pedir mellor ca un libro con garantías?

Pero tén máis: cada capítulo é unha sombra diferente. Pódense ler na orde que se prefira. Pódense ler de un en un ou de varios en varios, ou de un en varios. Tanto se che gusta ler coma se non (as sombras máis curtas son de 1 a 2 liñas, e a máis longa non chega ás 2 páxinas e media…).

Unhas pinguiñas para abrir boca (e aviso que ISTO NON É O MELLOR DO LIBRO, o mellor vén despois, pero non lle imos quitar a “gracia”):

El Gregorio local

El macho humano medio, aquí denominado Gregorio, difiere considerablemente del espécimen de ensueño definido en la literatura como Mr. Grey.

Es una cuestión de matices, es verdad: ambos pertenecen a la especie Homo sapiens. Pero cincuenta matices, o mejor dicho, cincuenta sombras no son una insignificancia.

(…) que los dinosaurios están emparentados con los pájaros. Tendrán un ADN parecido, pero imaginaos que acomodáis en el sofá de vuestra casa a un velociraptor (…), ponéis a su lado un canario. ¿Estáis aún contando los matices que los distinguen?

(…) los Mr. Grey forman parte del imaginario colectivo. (…) Cuando se encuentren los restos fósiles del Penis greyensis podremos volver a plantear el tema. Por ahora contentémonos con el Penis gregorensis, que debidamente reeducado e instruido no está tan mal. (…)

Este é un mínimo extracto do comezo do libro, antes de empezar a falar das súas sombras. Grey VS Gregorio, e Anastasia VS Lola…

En serio: o mellor está a partir da Sombra nº 1.

A lectura perfecta para acabar relaxados o verán. Podedes comentalo tanto no catálogo como aquí no blog.

Máis información na web da editorial:

cincuenta-sombras-de-gregorio_9788408050957.jpg
Rossella Calabrò

 

La cara más divertida de la trilogía más caliente del año.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s