Como xa sabedes, estamos tendo problemas coa conexión de internet, así que imos deixar descansar un pouco o blog durante setembro e outubro.
Que queremos dicir?
Pois que non publicaremos tantas veces á semana, nin un día fixo. Esperamos que en novembro poidamos empezar cunha nova periodicidade, e falando de temas que vos interesen. Para facérnolos saber tedes varias vías: persoalmente na biblioteca, a través dos comentarios no blog, desde a sección contacto do blog, ou por correo electrónico.
Pero na biblioteca seguiremos tendo actividades: os venres origami, agás o primeiro venres de mes que teremos contacontos, e outras que vos iremos anunciando puntualmente (tanto no blog coma por outros medios).
Ademais abriuse o prazo para anotarse ós cursos de iniciación á informática, que está previsto que comecen en outubro e que se impartirán seguramente na aula de informática da biblioteca. Para inscribirse, hai que anotarse no concello (teléfono 982452061, e preguntar por Mónica).
NOTA: este venres a sesión de origami é ás 12, pero a partir da semana que vén, co horario de inverno, será ás 5 da tarde.