Certame de Poesía Infantil “Nadal 2013”

A un mes e medio para as vacacións de Nadal, xa publicamos as bases para participar no

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2013”

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2013” (Fase local), de acordo coas seguin,tes

BASES:

1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor (sobre todo o número de teléfono de contacto). [pulsar para ver modelo]
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 23 de decembro de 2013, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL.
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2014.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.

[Traballos gañadores do Certame 2011]
que saiu publicado no ano 2012

NOTAS:

  1. Podes imprimir o formulario para participar e cubrilo sen pasar pola biblioteca pulsando aquí. É moi importante que figuren completos todos os datos contacto.
  2. Os traballos pódense entregar en calquera das dúas bibliotecas municipais.
  3. A data de entrega de premios e diplomas para os traballos gañadores darase a coñecer na biblioteca.
  4. Calquera outra dúbida, podes consultala na biblioteca.
  5. Cos traballos seleccionados na fase provincial, a Biblioteca Nodal de Lugo adoita editar unha publicación, da que fai chegar varios exemplares tanto ás bibliotecas participantes coma a quen presentara un traballo gañador. Na biblioteca dispóñemos de exemplares destas publicacións de distintas edicións tanto para empréstico como para consulta na sala. As portadas pódense ver na wiki da biblioteca.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s