exposición cambiante

Este mes de xaneiro inauguramos unha “exposición cambiante” sobre Xapón.

É unha exposición de obxectos xaponeses na que cada semana vair ir cambiando algunha cousa para adecuarse ás celebracións e festividades xaponesas ó longo do ano.

Esta semana cambiamos o obi e o kakejiku (a ilustración colgante) e incorporamos un kimono cos seus correspondentes zori e tabi (sandalias e calcetín xaponés típico). Pasade velos porque só estarán esta semana!.

Tanto o obi coma o kimono expostos úsanos as rapazas na seijinshiki, a cerimonia de paso á idade adulta que se celebra ós 20 anos.

Esperamos que pasedes desfrutar da vista destes magníficos obxectos porque se trata dunha exposición de obxectos exquisitos que lle temos que agradecer a Loli. Este, por exemplo, é unha taza para tomar o té, un regalo moi especial que recibiu Loli este Nadal, recén chegado e desenvolto para a exposición:

E se xa a visitastes, comentádenos o que vos pareceu tanto na biblioteca coma neste blog coma no noso facebook (se queredes, no álbum de fotos da exposición). E volvede de cando en cando para ver os novos obxectos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s