I Certame de Divulgación Mulleres de Lemos

O colectivo Lemos Le (do que forma parte esta biblioteca), coincidindo co Día Internacional da Muller que se celebrou o 8 de marzo e coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos; levará a cabo as seguintes actividades:

  1. O obradoiro “Mulleres de Lemos. Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo” en colaboración co CIM de Monforte de Lemos para os centros de primaria da comarca. Xa o comezamos o venres pasado despois do contacontos, e ó longo de 2 semanas na biblioteca podedes colaborar facendo debuxos sobre a vida de Inés de Castro, algún dos cales será seleccioando para ser publicado formando parte dun conto sobre Inés de Castro.
  2. A convocatoria da I Edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos que este ano versará sobre a figura de Inés de Castro. Para este certame establécense dúas modalidades: banda deseñada de 12 a 18 anos e traballo de divulgación en calquera xénero literario a partir dos 18 anos.
    Os traballos poderán presentarse en calquera das bibliotecas integrantes deste colectivo ata o día 30 de maio.
    As bases deste certame atópanse nas páxinas webs e blogs das seguintes bibliotecas:
    BPM de Bóveda, Monforte, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
    Bibliotecas Escolares do CEIP A Gándara, do Colexio Novo, do CEIP VIrxe do Carme (Sober), do CEIP A Pobra do Brollón, do CEE Infanta Elena e do IES Daviña Rey.

Pulsa no cartel para consultar as bases

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s