Semana cultural Acercándonos ó Xapón

[Pulsa na imaxe para ver o programa]

A Biblioteca Municipal do Saviñao sumouse á celebración do Año Dual España-Japón, cun proxecto recoñecido como oficial da celebración do Año Dual España-Japón entre os menos de 20 que hai recoñecidos en Galicia.
Queremos pechar as actividades deste ciclo cunhas xornadas culturais. Por iso, aproveitando que o día 21 de maio é o Día Mundial da Diversidade Cultural, a semana seguinte imos celebrar unha serie de actividades relacionadas co Xapón.
Para darle unha maior visibilidade e difusión territorial, queremos propoñer a celebración de varias actividades en centros e entidades sociais e culturais da contorna. Estas actividades consistirán nunha sesión contacontos bilingüe xaponés-galego (ou castelán en función do público asistente) e un obradoiro de iniciación á técnida do origami.
As actividades desenvolveranse de luns a venres pola tarde, e participan centros sociais e culturais, asociacións e bibliotecas de Pantón, Monforte, Sober, Chantada e Escairón.

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Tabla normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin-top:0cm;
mso-para-margin-right:0cm;
mso-para-margin-bottom:10.0pt;
mso-para-margin-left:0cm;
line-height:115%;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:11.0pt;
font-family:”Calibri”,”sans-serif”;
mso-ascii-font-family:Calibri;
mso-ascii-theme-font:minor-latin;
mso-fareast-font-family:”Times New Roman”;
mso-fareast-theme-font:minor-fareast;
mso-hansi-font-family:Calibri;
mso-hansi-theme-font:minor-latin;}

PROGRAMA

Lu. 26 maio origami e contacontos bilingüe en Pantón e Monforte
* 16.00 Centro de Día de Pantón
* 18.00 Centro Social Caixa Galicia de Monforte

Ma. 27 maio origami e contacontos bilingüe en Monforte
* 16.00 CRD AGORA-Monforte
* 17.30 Asociación PRODEME
* 19.00 Biblioteca de Monforte

Mé. 28 maio origami e contacontos bilingüe en Sober
* 19.00 Biblioteca de Sober

Xo. 29 maio origami e contacontos bilingüe en Chantada
* 17.00 Biblioteca de Chantada
* 18.30 Residencia GERIATROS de Chantada

Ve. 30 maio origami e contacontos bilingüe en Escairón
* 17.00 Vivendas Comunitarias do Saviñao

 

 

Sáb. 31 maio Auditorio Municipal do Saviñao

a partir das 11:00 (recomendado para público adulto)
* Mesa redonda sobre terremotos. Participan o arquitecto municipal Marcos Sánchez con Arquitectura e terremotos, Dolores Guitián con Terremoto, que fago? e Minako Takahashi Os terremotos na escola.
* presentación da novela Ronin de Francisco Narla.  Sinatura e venda de exemplares ó rematar.

a partir das 17:00 (recomendado para tódolos públicos)
* contacontos bilingüe e sesión de aproximación ó origami,
* presentación do conto O meu marabilloso sombreiro de Akiko Ishihara, traducido e ilustrado por Suevia Sobral, coa técnica tradicional do kamishibai, coa tradutora e Ryusuke Ishihara.  Sinatura e venda de exemplares ó rematar.

Pódese consultar toda a información actualizada na wiki da biblioteca.

[información actualizada o 20 de maio]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s