Proyecto Ranopla

Para quen aínda non o saiba, o colexio de Escairón comezou a participar no Proyecto Ranopla.

Que vén sendo este Proyecto Ranopla?

Trátase dun proxecto educativo que trata de incentivar a lectura nos niveis da Educación Primaria, de xeito que ofrece un listado de recomendacións lectoras entre as que o alumnado poden escoller as que lles suxire o seu profesorado, para despois responder ás preguntas do cuestionario relacionado co libro.logo ranopla

O listado contén máis de 3000 títulos, dos cales estamos intentando localizar na biblioteca todos os que poidamos para facilitar a súa lectura ós usuarios participantes no Proyecto Ranopla.

De momento temos localizado case un cento de títulos, que se poden consultar no catálogo en liña da biblioteca coa etiqueta de materia “Proyecto Ranopla“.

Moitos dos títulos aínda que están en galego serven para responder ás preguntas. Outros non debido á tradución dos nomes das personaxes (por exemplo na saga de Harry Potter).

Pedimos paciencia ós nosos usuarios posto que temos que facer a busca título por título e comprobar as traducións e versións, pero cada día imos engadindo algún título máis.

Queremos tamén lembrar que hai títulos que forman parte de series e que aínda que non todos os títulos estean incluidos no listado, se vos gustaron podedes ler o resto da serie independentemente de que haxa ou non haxa un cuestionario para responder. É máis podedes recomendarlle ós profesores que inviten a incluilos no listado.

Tamén recomendamos non entrarse só nos títulos do listado de Ranopla, posto que hai moitísimos libros divertidos e interesantes nos estantes da biblioteca agardando por vós.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s