Contacontos “Érase unha vez uns zapatos…” (II)

O pasado 10 de abril, celebramos o Día do Libro Infantil co contacontos Érase unha vez uns zapatos… de Fátima Fernández, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.

Fátima presentouse, e rapidamente se puxo “á faena” co seu mandil de zapateiriña remendona contadora de historias.

Fátima Fernández no contacontos na Biblioteca Municipal do SaviñaoAsí aprendemos que os zapatos FALAN! Si, falan. Por exemplo, os de Laura, dixéronnos que ela sempre pisa un zapato co outro e que nunca os limpa con crema. E como é que o sabemos?, pois porque Fátima é neta de zapateiro e aprendeu a lingua dos zapatos desde moi nena e fíxonos de tradutora.

Coñecemos a historia dos zocos dun neno que non os podía poñer para ir ó galiñeiro co seu pai (para que non se mancharan). E eles querían ir porque lles dixeran que as galiñas contaban unhas historias marabillosas. Así descobrimos como se deu por primeira vez o caso dun galo incubando un ovo e todas as peripecias que viviu ata conseguir que nacera o poliño! E vimos en vivo e en directo como o Galo Aarón foi papá!

Descobrimos sentimentos e o significado das cores para o monstro das cores, amigo de Tamara.

Fátima Fernández no contacontos na Biblioteca Municipal do SaviñaoRimos moito coas historias, tanto que case choramos coa risa e ó final resulta que case todos tiñamos a cor rosa (do sentimento do amor) e verde (o sentimento da calma).

Desde logo, a sesión foi espectacular e moi divertida. Agardamos tela pronto de volta con máis historias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s