Títeres nas mans (I)

O vindeiro día 8 de maio (1º venres de mes que abre a biblioteca) terá lugar na biblioteca o obradoiro creativo “Títeres nas mans”.

Obradoiro Títeres nas mansA actividade está a cargo de Larraitz Urruzola, e consistirá en pintar na man personaxes imaxinados, darlles vida coa manipulación e a voz a eses monicreques, e xogar a contar pequenas historias inventadas polos participantes.

A actividade englóbase dentro do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, e será fonte de inspiración para a creación de relatos ou debuxos para presentar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas, ó que lle ampliamos o prazo de presentación de traballos ata o día 11 de maio.Lembramos que a temática dos traballos para o certame é “DA CIENCIA Á FICCIÓN”: o home na lúa, os robots, a realidade virtual,…

Os destinatarios serán preferentemente nenos e nenas de 4 a 12 anos. O número de prazas está limitado a 20 participantes, polo que será imprescindible anotarse para a actividade (presencialmente na biblioteca ou no teléfono 982 45 23 24).

Coma co resto das nosas actividades, temos feita unha selección de libros con temática relacionada, por se queredes ila vendo antes da actividade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s