Mercado das Letras e as flores

Intercambio de Libros entres particulares para celebrar o Día das Letras Galegas

É unha iniciativa na que colabora o colectivo LEMOS LE, do que xa sabedes que forma parte a nosa biblioteca.

Se tés libros que che gustaría cambiar por outros podes aproveitar esta oportunidade de intercambialos no Mercado das Letras e as flores, os días 16 e 17 de maio na Praza de abastos de Monforte.

Mercado das Letras e flores 2015Participar é moi sinxelo:

  1. Ata o 14 de maio podes depositar os teus libros (máximo 3) nalgunha das bibliotecas municipais e escolares participantes.

Bibliotecas municipais:
– Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte
– BPM de A Pobra de Brollón
– BPM de O Saviñao
– BPM de Sober

Bibliotecas escolares:
– CEIP A Gándara (Monforte deLemos)
– CEIP A Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón)
– CEIP Colexio Novo (Monforte deLemos)
– CEIP Monte Baliño (Ferreira de Pantón)
– CEIP San Clodio (San Clodio)
– CEIP Virxe do Carme (Sober)
– EEI Infanta Elena (Monforte deLemos)
– IES Daviña Rey (Monforte deLemos)

  1. Ali recibirás un vale por cada libro, para cambialo por outro libro os días 16 e 17 de maio, no Mercado das Letras e flores, que se celebrará na Praza de abastos de Monforte.
  2. O depositario dos libros, deberá recoller os libros que non teñan sido cambiados o domingo día 17 de maio entre as 13:00h e as 14:00h no recinto do mercado.
  3. De non ser recollidos os libros neste día, estes pasarán automaticamente a formar parte dos fondos das bibliotecas participantes.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s