Comechíns

O primeiro venres de xuño contaremos coa actividade Comechíns na Biblioteca Municipal do Saviñao.

cartaz comechínsO venres 5 de xuño ás 17 horas, na sala Infantil da Biblioteca Municipal do Saviñao, con Comechíns, e da man de Alba Bermúdez, os cativos e os non tan cativos coñecerán eses inconvintes relacionados cos alimentos, tan habituais hoxe en día.

A través das historias mergullarémonos nun mundo de fantasía no que a verdura, a froita e as legumes serán as protagonistas.

Alba BermúdezÉ importante lembrar que é necesaria a inscrición previa para a actividade. A inscrición pode facerse a través dunha mensaxe privada na páxina do Facebook da Biblioteca Municipal do Saviñao, por teléfono (982 45 23 24) ou na biblioteca.

A idade recomendada para a actividade é de 4 a 10 anos.

Rógase a máxima puntualidade para asistir á actividade.

Por suposto, haberá unha ampla selección de libros sobre alimentos e cociña na Casa dos Ratos.

A actividade englóbase dentro do programa de animación á lectura “Ler conta moito.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s