Día da Biblioteca, noite na Biblioteca

Igual que fixemos o ano pasado, imos celebrar o Día das Bibliotecas cunha Noite na Biblioteca.

Como o 24 é sábado, adiantaremos a festa ó venres 23, e desde as 10 da mañá e ata ben pasada a medianoite imos preparar a benvida ó gran día cunha ampla variedade de actividades e moita diversión:
visitas guiadas, obradoiros, actividades, xogos, encontros con autores, manualidades, maxia,…

cartaz_Día de las Bibliotecas 2015As actividades, en horario continuado de 10:00 a 0:30, son para público familiar, sen límites de idade, aínda que o ideal sería a partir de 5 anos.

Recomendamos por motivos organizativos inscribirse previamente.
Para o obradoiro de cociña é imprescindibe anotarse xa que o número de prazas para esta actividade é limitado.

cartel_biblioteca2015Programa:

  • 10:00-13:00 Visitas guiadas con grupos escolares
  • 14:00-17:00 Microvisitas cada hora en punto para público en xeral
  • 17:00-18:30 Actividades xaponesas
  • 18:00-19:00 Obradoiro de cociña (a partir de 5 anos) inscrición obrigatoria, prazas limitadas
  • 19:00-19:30 Merenda infantil
  • 19:30-20:00 Xogos variados
  • 20:00-21:00 Contos do mundo: unha viaxe polo mundo a través dos contos
  • 21:00-22:00 Obradoiros variados
  • 22:00-23:00 Xogando con Filgueira Valverde
  • 23:00-23:30 Obradoiros variados
  • 23:30-00:30 Encontro con Rhodea Blasón
  • 00:30 Despedida

Agardamos por vós. Podedes anotarvos no teléfono 982452324 ou no mostrador da biblioteca.

Podedes consultar información actualizada no Evento do noso Facebook.

One thought on “Día da Biblioteca, noite na Biblioteca

  1. Pingback: 24 de outubro, Día da Biblioteca 2015 « BAMAD GALICIA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s