carta aos reis magos

reis magos

Queridos Reis Magos,

Durante este ano portámonos moi ben. Fixemos máis de 70 actividades, nas que participaron máis de 1600 persoas: origami case todos os venres do ano, contacontos o primeiro venres de cada mes, obradoiros especiais: entroido, nadal, charlas, cursos, celebración do Día do Libro Infantil, Día do Libro, Día das Letras Galegas,…

A máis entrañable de todas, pola súa duración e a cantidade de xente que participou nela foi a megaactividade Día da Biblioteca-Noite na Biblioteca que o ano pasado tanto gustou (e na que tivemos máis de 15 actividades seguidas).

Sufrimos o desgusto de quedarnos sen acceso á nosa páxina de facebook e tivemos que volver ó noso blog para manter ós nosos usuarios informados das nosas actividades. Tamén o de que por uns actos vandálicos tivera que quedar pechada a biblioteca un día.

Por iso vos pedimos que, por favor, nos traiades uns preciosos agasallos. Pedímosvos ademais de novos libros para os nosos usuarios: ordenadores novos, actividades novas e divertidas, sorpresas, e sobre todo, que o pasen ben coas actividades que programemos para eles.

Agradecémosvos de antemán os agasallos que nos traiades.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s