Como xa sabedes, cada ano convócase o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas para festexar o Día das Letras Galegas.
Nunca tan cedo vos avisamos: acaban de chegarnos as bases da convocatoria!
Os traballos poderán ser entregados tanto na biblioteca de Escairón coma na de Currelos.
Animámosvos a participar tanto con historias coma con debuxos.
Non vos preocupedes se sentides que vos falta inspiración ou non vos gusta moito como escribides: durante o mes de abril,
teremos un obradoiro para axudarvos a usar “Palabras creativas”.
O obradoiro, a cargo de Arelar Xestión Socioeducativa (de Boqueixón), constará de 3 sesións: os días 8, 15 e 22 de abril ás 6 da tarde.
Se tedes entre 6 e 12 anos, podedes inscribirvos canto antes na biblioteca (ou no teléfono 982 45 23 24), porque as prazas son limitadas.
Bases para o certame Letras Galegas 2016
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2016 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:
1.- Poden participar tódolos nenos con:
– A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:
- “Canta bichería!”: os animais reais ou fantásticos serán os protagonistas.
– B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:
- “Canta bichería!”: os animais reais ou fantásticos serán os protagonistas.
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos personais.
3.- Establécense tres categorías:
- A, ata 8 anos,
- B, de 9 a 11 anos,
- C, de 12 a 16 anos.
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 9 de maio, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.
5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.
6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.
Pingback: obradoiro as nosas historias | Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Pingback: obradoiro as nosas historias (ii) | Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Pingback: fallo do certame de narración e debuxo letras galegas 2016 | Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Pingback: Biblioteca Pública Municipal do Saviñao