leo, leo, que les?

12797

Se a presa de Belesar se pode comparar coas catedrais góticas, a Central hidroeléctrica, unha sá de máquinas, podemos comparala con algúns dos primeiros templos prerrománicos da zona, como San Pedro de Rocas, pero en xigante e  monumental, como demostran estes datos: unha altura de 42 m, por 70 m de longo e 20 de ancho. unha grande bóvoda de 35.000 m3, realizada nun prazo de 3 meses.

Toda unha basílica moderna e tecnolóxica situada na marxe dereita da presa e escavada na rocha, á que se entra por un túnel de acceso.

Para construíla tiveron que furar e extraer 250.000 m3 de rocha granítica. de excelente dureza, pois doutro xeito non sería posíbel este tipo de construción. A maior parte desta rocha serviu para fabricar o formigón co que se construíu a presa.

A magnitude desta central, situada a máis de 10 m por debaixo da canle do Miño, arrepía a calquera visitante.

Interesante obra para coñecer datos sobre a constución do embalse de Belesar, que se constituíu nun referente para o resto do mundo: Belesar, o orgullo de España, Afonso Eiré. Hércules Ediciones. (p. 99)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s